Sarria

25 de Xullo, Día de Galicia

A Federación Galega de Municipios e Provincias fanos chegar este cartel conmemorativo do Día de Galicia.

A FEGAMP quere salientar o papel dos concellos no desenvolvemento das políticas públicas que impulsan Galicia, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social e a busca da mellora das condicións de vida e de traballo da cidadanía galega, reivindicando o impulso que lle damos a Galicia dende todas as cidades, vilas núcleos e aldeas.

 A imaxe conmemorativa ten o lema “Os Concellos impulsan Galicia”. 

 

En Sarria, ademais, celebraremos a Misa do Peregrino, cantada pola coral Sarricanta, ás sete e media na Igrexa de Santa Mariña.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language