Sarria

A Garda Real en Sarria

Sarria prepárase para vivir uns días únicos coa visita da Garda Real.

Do 6 ao 8 de maio, a nosa vila converterase nun punto de encontro entre historia, servizo e proximidade coa cidadanía.

 

O mércores será o día escolar, con presenza no CEIP Frei Luis de Granada con charlas e actividades, e na Volta Ciclista feminina en colaboración coa Policía Local e a Garda Civil.

 Xoves pola tarde
Un espazo pensado para as nenas e nenos, con actividades abertas no Campo de Rugby: exhibicións, cans de traballo, tirolinas, material e moito máis.

Venres – GRAN ACTO NA PRAZA DA VILA
Un evento aberto a toda a veciñanza onde poderedes desfrutar de cabalería, exhibicións dinámicas, vehículos de uso da Casa Real e o arriado de bandeira

 Ademais, a Garda Real percorrerá o Camiño de Santiago na etapa Sarria–Portomarín, 
 

Unha oportunidade única para achegarse ao labor dunha institución histórica e compartir experiencias coa cidadanía.
 

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language