IV Encontro Máxico no rural
O IV Encontro Máxico no Rural levará a máxia a seis parroquias de Sarria
O rural de Sarria volverá encherse de maxia coa celebración do IV Encontro Máxico no Rural, unha proposta que levará espectáculos para todos os públicos a seis parroquias do municipio os días 17 e 18.
A programación, achegará a maxia a Corvelle, San Pedro de Froián, Farbán, Biville, A Veiga e Santa María de Vilar.
As actuacións correrán a cargo de Samuel Moreno, Marina, el Mago Iago, Golden Magic, Bruxo Cabacín y Roberto Lolo.
O encontro está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Sarria, co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, dentro do programa Sarria Acendida, e coa colaboración de Roberto Lolo.
Con esta cuarta edición, o Encontro Máxico no Rural consolida a súa aposta por levar a cultura e o ocio ás parroquias de Sarria, ofrecendo actividades gratuítas e dirixidas a públicos de todas as idades.

