Sarria

Actualidade

VIII Carreira da Muller. Vivas e Iguais.

Xa está aberta a inscrición para participar na VIII Carreira da Muller Vivas e Iguais de Sarria o próximo 8 de marzo.

 

https://sarriacorre.com/

 

Coma sempre, haberá carreira para persoas maiores de 12 anos e andaina para todas as edades.

 

A Saída da carreira será ás 18:30 desde Catro Camiños e a meta no Paseo do Malecón, onde tamén  poderedes recoller os dorsais desde as 16:30 horas.

Entroido 2025

O domingo 2 de marzo celebraremos o tradicional desfile de Entroido, se o tempo o permite.

Segundo Cuadrimestre Uned Sénior Sarria

Aberto o prazo de matrícula para o segundo cuadrimestre da Uned Sénior ata o 11 de marzo.

 

 

Patrimonio histórico os mércores de 17:00 a 19:00 horas

 

Inglés para viaxar II os martes de 17:00 a 19:00 horas.

 

New category

pdf

Uned

Tamaño: 588.13 KB
Descargas : 98
Data: 2025-02-13

XVII FESTA DO COCIDO DO PORCO CELTA

O 15 de febreiro celebraremos no Campo da Feira a XVII edición da festa do Cocido do Porco Celta, a festa gastronómica sarriá na que os trece comensais de cada mesa compartirán menú de sopa e un completo cocido de porco celta con chourizos, lacón, soá e butelo, grelos, patacas e garavanzos. Non faltarán tampouco o queixo con marmelo e o café de pucheiro.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language